Temos un post para propoñer proxectos a realizar con unha pequena descrición e o obxetivo a conseguir. Se tes unha idea, non dubides en compartila!
No primeiro hackathon presentaremos todos os proxectos e xuntarémonos en equipos para escoller os máis interesantes e comezar a traballar neles.
Ao rematar o último hackathon presentaremos os proxectos e os mellores terán premio. Por suposto, faremos unha cea para celebralo :)
No primeiro hackathon poremos en común as ideas e tras un pequeno almorzo, faremos equipos mentras escollemos os proxectos máis interesantes para currar en eles durante todo o día.
Pásate cando queiras pero non te veñas moi tarde porque ao final deste día deberíase empezar a vislumbrar algún resultado, porque só quedará un hackathon máis.
O día máis intenso pola presión de entregar. A última hora cada proxecto terá 5 minutos para contar o que fixo e venderse ben, hai premios. E por suposto, despois iremos cear tod@s xunt@s ;)
Este ano ímoslle dar un pouco máis de emoción e durante 3 sábados traballaremos en equipos para desenvolver proxectos libres que competirán por ser o mellor ao final.
O obxectivo é crear un espacio de traballo periódico no que evolucionar os nosos proxectos a modo de hackathon recurrente no tempo pero sempre cun obxectivo claro, poñer un prototipo a funcionar antes do terceiro evento.
Durante 3 sábados de meses consecutivos quedamos nun hackathon para traballar nos nosos proxectos, calquera pode unirse.
O noso obxectivo é aprender polo que non hai límite, toda nova tecnoloxía é benvida para innovar nos nosos proxectos.
Todos os proxectos son libres para que que calquera colabore, os mellore e os poida utilizar como prefira :)
Os nosos proxectos teñen un sentido, un impacto, unha aplicación real que contribua a mellorar a nosa sociedade.
Os mellores proxectos, os que máis avancen e os que máis aporten á sociedade despois dos 3 hackathons recibirán un premio.
A tecnoloxía envolve esta cidade, imos mostrarlle ao mundo as cousas chulas que facemos aquí e @s cracks que temos.
20 anos defendendo o software e a tecnoloxía libre, organizando charlas, hackathons e todo tipo de conferencias internacionais.
Grupo de desenvolvedores inquedos de A Coruña, innovando, participando e organizando eventos para mellorar a comunidade técnica na nosa ciudade.
Asociación Arteixo TIC e espazo de coworking asociativo e divulgación do sector creativo e dixital.