¿Qué facemos?

Aprender desenvolvendo en equipo con xente xenial e proxectos top!.

Free HTML5 Template

Hackathons para mellorar o mundo

Tradicionalmente nos hackathons comézanse proxectos xeniais, tremendamente útiles pero rara vez se conseguen continuar despois do evento. Por iso queremos comezar Coruña Hacks, coa idea de crear proxectos reais de que perduren no tempo, queremos mellorar o mundo de verdade desenvolvendo proxectos de software libre.

O obxectivo é crear un espacio de traballo periódico no que poder quedar para evolucionar os nosos proxectos, como un hackathon recurrente no tempo.

Ver proxectos

Meetup Slack

Programa

Os puntos clave do que estamos a facer nos Coruña Hacks.

Hackathons

O primeiro sábado de cada mes quedamos nun hackathon para seguir avanzando nos nosos proxectos. Calquera pode unirse a eles e aprender entre todos.

Tecnoloxías modernas

O noso obxectivo é aprender polo que non hai límite, toda nova tecnoloxía é benvida para innovar nos nosos proxectos.

Software libre

Tódolos proxectos son libres para que que calquera colabore, os mellore, e os poida utilizar como prefira :)

Mellorar o mundo

Os nosos proxectos teñen un sentido, un impacto, unha aplicación real que contribua a mellorar a nosa sociedade.

Charlas e quedadas

De vez en cuando faremos pequenas charlas cortas para compartir coñecemento e quedaremos para falar sobre tecnoloxía e sobre os nosos proxectos.

Coruña, cidade de developers

A tecnoloxía envolve esta cidade, imos mostrarlle ao mundo as cousas chulas que facemos aquí e aos cracks que temos.

Planing

A nosa idea é xestionar o comezo e logo deixalo ir para que tódolos proxectos funcionen de unha forma totalmente autoorganizada.

1. Convocatoria de proxectos

Temos un post para propoñer proxectos a realizar con unha pequena descrición e o obxetivo a conseguir.

2. Reunión inicial

Xuntámonos nun evento para presentar tódolos proxectos definidos no foro e para escoller os máis interesantes.

3. Publicación de proxectos

Tódolos proxectos seleccionados atópanse en repositorios públicos dentro da organización de GitLab de CoruñaHacks, aquí poderás escoller o que máis che interese.

Un hackathon cada mes

O 1º sábado de cada mes quedaremos para avanzar nos proxectos en algún lugar céntrico, non dubides en pasarte.

Repositorios públicos

Cualquera pode contribuir aos proxectos en cualquera momento, dende casa ou participando nos hackathons.

Flexible

Vente cando queiras, non é preciso participar en tódolos hackathons, as veces virá xente nova e outras non.

Organizadores

Person

GPUL

20 años defendendo o software e a tecnoloxía libre, organizando charlas, hackathons e todo tipo de conferencias internacionais.

Person

Coruña Developers

Grupo de desenvolvedores inquedos de A Coruña, innovando, participando e organizando eventos para mellorar a comunidade técnica na nosa ciudade.

Person

Árticos

Asociación Arteixo TIC e espazo de coworking asociativo e divulgación da industria creativa, impulsando a divulgación tecnolóxica por Arteixo.

Person

GDG Coruña

Google Developers Group de A Coruña, curiosos, inquedos e interesados na tecnoloxía e en facer crecer a comunidade de desenvolvedores.

Colaboradores

Contacto

Para calquera problema ou consulta non dubides en escribirnos ;)

corunahacks@gpul.org